Reactívase o desfile do Entroido pobrense para o martes 13

12 Febreiro 2024

A Pobra do Caramiñal, 12 de febreiro de 2024.- Debido á mellora das condicións meteorolóxicas, a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal decide retomar o desfile do Entroido segundo estaba previsto para o martes 13.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, precisa que a dinámica será a mesma que estaba contemplada no momento no que se anunciou a programación. O desfile arrancará ás 17.30 horas dende A Covecha para se dirixir polo núcleo urbano ata as inmediacións da E.E.I. Fernández Varela, na rúa Castelao. Alí procederase co concurso dirixido a maiores de 13 anos. A youtubeira Nuska Chousa presentará a particular gala onde se decidirá quen leva cada unha das catro distincións nas tres categorías definidas: carrozas (un primeiro, de 700 euros; un segundo, de 400; un terceiro, de 200; e un cuarto, de 150); grupos (400, 300, 200 e 150 euros, por esta orde) e parellas/individuais (200, 150, 125 e 100 euros, respectivamente). Na comitiva tamén participarán as comparsas Samieira, Os da Caña, As Sonecas e Cor Café.

Ademais, participarán os disfraces gañadores da festa infantil que tivo lugar no domingo 11, na que tamén houbo un certame, nesta ocasión, para a rapazada de ata 12 anos, con cinco premios no total: un primeiro premio, de 200 euros; un segundo, de 150; un terceiro, de 125; un cuarto, de 100 e un quinto, de 75.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...