O Colexio Rural Agrupado (CRA) de Dodro organiza este mes de febreiro unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer ás novas familias a súa actividade e as súas instalacións. As xornadas celebraranse os vindeiros días 20 e 27 de febreiro, en horario de tarde 16:15 a 18:15 horas. Participan nestas xeiras de presentacións os colexios de Bexo, Vigo, Lestrobe e Laíño. As familias interesadas poden concertar cita previa a través do teléfono móbil 680168637 ou no correo cra.dodro@edu.xunta.gal.




