O Noela acolle o 16 de marzo a representación de “Síbaris”, a peza teatral póstuma de Domingo Villar

28 Febreiro 2024

Dende este mércores 28 de febreiro, na plataforma Ataquilla.com xa podemos adquirir as entradas para a obra teatral Síbaris que se representará no Coliseo Noela de Noia o 16 de marzo ás 20:30 horas. Síbaris é unha obra baseada no único texto teatral (un texto póstumo) do escritor vigués Domingo Villar, dirixida por Lois Blanco e con Carlos Blanco e Belén Constenla no reparto.

O texto teatral deixouno rematado e entregado Domingo Villar antes de morrer. A adaptación vén da man da compañía Condetrespés, cun elenco no que tamén están Oswaldo Digón e Pablo Novoa. A escenografía corre a cargo de Marta Villar, curmá do escritor. En Síbaris o escritor presenta en clave de comedia negra clásica unha reflexión aguda, cómica, ás veces desapiadada, arredor da literatura e todo o que a rodea. O seu protagonista é Víctor Morel, un escritor en crise creativa , vinte anos despois de que conseguise acadar o éxito coa súa novela Síbaris. Agora está bloqueado e nunha situación económica cada día peor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...