O Entroido do Son comeza esta “finde” con troula festeira no Son, Queiruga, Caamaño e Portosín

09 Febreiro 2024

Porto do Son vai ser, a partir desta fin de semana, un fervedoiro de actividades festeiras, descentralizadas, creativas e abertas a persoas de todas as idades.

En Portosín

A Asociación de Empresarios de Portosín, coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello do Son, organizan este domingo 11 de febreiro unha Festa do Entroido, a partir das 17.00 horas na vila de Portosín. O programa de actividades vén con propostas creativas para a rapazada, incluída unha vertente gastronómica marcada pola degustación de filloas e chocolate. Achegarase un concurso de disfraces infantil coas modalidades de individual, grupo e refraneiros do Entroido. As inscricións poden facerse dende ás 16.00 até as 16.45 horas da devandita xornada, que rematará, xa avanzada a tarde, coa Queima da Sardiña.

En Caamaño

A ANPA do EEI de Caamaño e a Comisión de Festas da parroquia xuntan forzas para ofrecer un fin de semana de festa en pleno Entroido: haberá un gran premio para a mellor proposta choqueira, un bingo, un concurso de disfraces, playbacks e actuacións estelares. O Entroido en Caamaño terá o seus días grandes o sábado 10 e o domingo 11. As actividades focalizaranse na Casa da Cultura.

En Queiruga

A Comisión de Festas de Queiruga ten preparada unha grandiosa velada de Entroido con concurso de disfraces e baile ao ritmo de DJ Mario. Será este sábado 10 de febreiro na Casa da Cultura.

En Porto do Son

Na vila de Porto do Son as actividades (que inclúen mancheas de premios) darán comezo o sábado 10 de febreiro ás 17.00 horas cun concurso infantil de disfraces. Haberá miniruada entre a praza de España e a carpa da zona portuaria, na que participarán a AF Chorimas e os Choqueiros de Noal (en caso de chuvia esta actividade trasladarase ao Pavillón de Santa Isabel. Os premios serán o seguintes: na categorías de grupos, 150, 75 e 50 euros; en parella, 100, 60 e 40 euros; en individual 70, 50 e 30 euros; en raíña 100 euros; en rei 100 euros.

O domingo 11 de febreiro ás 18.00 horas celebrada unha Foliada de Choqueiros e máis a Festa da Filloa (con degustacións e obradoiros). Será na carpa da fachada marítima sonense (en caso de chuvia no Local Náutico do Son). Está prevista a actuación da BMT Suevia e de Brumeigho, máis a participación especial de Son Elas. Ao remate haberá marxe para unha foliada libre.

O luns 12 de febreiro a troula dará comezo ás 17.00 horas, cun novo concurso de disfraces para adultos, grupos e comparsas. Novamente haberá unha ruada do Entroido dende a Casa da Cultura polo rueiro de Porto Son, contándose coa presenza da banda Psycodelia e de Os Solfamidas (en caso de chuvia a festa trasladarase ao Pavillón de Santa Irene). Os premios son os seguintes: na categoría de comparsas, 800, 500 e 300 euros; na categoría de grupos 500, 300 e 200 euros; e na modalidade individual 200, 100 e 50 euros.

A festa prosegue o martes 13 de febreiro con inchábeis de Entroido, de 16.30 a 20.30 horas, no Polideportivo de Santa Irene.

O mércores 14 celebrarase o Enterro do Felipiño, a partir das 19.30 horas.

As inscricións nos certames hai que facela no Rexistro do Concello ou na sede electrónica portodoson.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por  disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...