O Concello e a Asociación da Hostalería de Muros crearán unha guía para impulsar, visualizar e reivindicar os establecementos locais

28 Febreiro 2024

O Concello de Muros e a Asociación da Hostalería de Muros mantiveron este 28 de febreiro unha xuntanza de traballo para afondar na situación actual do sector e concretar a posta en marcha de diferentes iniciativas de impulso e promoción. “Foi unha reunión moi positiva e frutífera cun sector clave para a economía local de Muros, coñecendo as súas demandas e amosándolles o apoio do concello”, asegura a alcaldesa, María Lago, que reuniuse coa directiva da asociación xunto á concelleira de Promoción Económica, Laura Rivadeneira.

A un nivel máis concreto, o Concello e a Asociación anunciaron que van colaborar para facer unha Guía da Hostalería de Muros, con información práctica dos restaurantes, cafeterías, locais de ocio e establecementos de hospedaxe do concello.

Ambas partes quedaron en concretar en futuras reunións outras iniciativas de apoio e promoción ao sector.

“O sector servizos de Muros xera emprego, actividade e por suposto é prioritario para o goberno local, polo que a colaboración será máxima pola nosa parte”, engade María Lago.

Outros artigos

Luns 2, manterase o tempo seco e soleado con forte contraste térmico

O tempo manterase este luns 2, Fieis Defuntos, estable no comezo da semana con néboas matinais e contraste térmico O inicio da semana estará marcado pola continuidade dunha situación atmosférica moi estable en toda a comunidade galega, sen cambios significativos a...

+

Os cemiterios énchense de flores no Día de Todos os Santos

O pobo mantén viva unha tradición que conecta o presente coa lembranza dos seres queridos ausentes O Día de Todos os Santos volveu encher de cor, flores e recollemento os camposantos galegos nunha xornada marcada polo recordo e o agarimo cara a quen xa non están. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.