O Concello de Ribeira proseguirá en febreiro e marzo co reparto de caldeiros e tarxetas para favorecer a compostaxe

15 Febreiro 2024

O Concello de Ribeira puxo en marcha a recollida separada da materia orgánica, co obxectivo de permitir aos fogares, coa distribución de contedores marróns, unha meirande sustentabilidade á hora de xerar e depositar refugallos. Para facilitar esta recollida selectiva dos residuos, o Concello repartirá caldeiros entre a poboación e tarxetas de apertura do contedor marrón. Estas son as datas e os lugares de distribución:

24 febreiro no Malecón de Ribeira

9 marzo no Mercado Municipal de Palmeira

16 marzo no Conservatorio Municipal de Aguiño

Tódolos luns de 9:00 a 11:00 no Departamento de Medioambiente na Casa do Concello

Ademais, nas vindeiras semanas tamén se repartirán caldeiros para compostaxe en tódalas parroquias co propósito de fomentar a compostaxe doméstica e a redución de refugallos orgánicos; facilitando así a produción de compost de calidade e o desenvolvemento rural máis sustentábel.

Por outra banda, o Concello fixo os días pasados un primeiro balance breve da actividade xerada ao abeiro da recollida separada da materia orgánica, posta en marcha este mes. Segundo fixeron saber fontes do Consistorio, nos primeiros días de febreiro xa se entregaron máis de 400 tarxetas e cubos de orgánica para domicilios á veciñanza de Ribeira, Palmeira e Aguiño. Trátase, explican, de achegar material co que separar do xeito máis cómodo posíbel o residuo orgánico da fracción “resto”, co fin de “evitar desperdicio de alimentos”.

Ademais, a distribución dos colectores marróns onde depositar o compost pódese consultar na Rede.

“No contedor de residuos orgánicos, pódense depositar materiais biodegradábeis, é dicir, aqueles que se descompoñen naturalmente a través de procesos biolóxicos.” explicou a concelleira Antía Alberte.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...