O Concello de Ribeira contratará unha/un docente para impartir o curso de atención sociosanitaria a persoas no domicilio

20 Febreiro 2024

O Concello de Ribeira vén de solicitar unha subvención para impartir a acción formativa Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio, abeirado ao Plan Formativo para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia. A subvención irá destinada a contratar unha/un docente mediante contrato de servizos para a docencia e titorías de dito curso, cunha duración total de 618 horas.

As persoas interesadas que presenten oferta, tamén terán que achegar o seu currículo xustificado, tendo que ser validado antes do comezo do curso pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Asi mesmo, será preciso presentar a correspondente alta en autónomos.

As ofertas presentaranse de forma telemática a través do sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX), no prazo de 10 días naturais dende o día seguinte á publicación no perfil do contratante do Concello de Ribeira.

A documentación a presentar deberá incluír; a solicitude de participación e oferta económica nos termos do modelo establecido, que deberá figurar debidamente cuberto e asinado; a titulación académica e acreditación da Competencia Docente ou do Certificado profesional de habilitación para a docencia e unha fotocopia do DNI da persoa interesada.

“Dende o Concello temos o obxectivo de promover a empregabilidade e mellorar as oportunidades laborais da veciñanza. Este curso non só proporcionará aos participantes valiosas habilidades e coñecementos técnicos, senón que tamén lles dará acceso a un sector cunha demanda crecente de profesionais cualificados”, explicou a concelleira de Emprego Veva Betanzos.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.