O Concello de Boiro rende homenaxe ao equipo feminino de balonmán dos anos 60 e 70 neste 8M

28 Febreiro 2024

O Concello de Boiro rende homenaxe neste 8M (Día Internacional da Muller) ás xogadoras que formaron parte do equipo feminino local de balonmán nos anos 60 e 70. O concelleiro de Política Social, Raúl Treus, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, xunto con Natalia Romero, de Cruz Vermella, e Milagros Rey, de asociación inclusiva AMBAR, participaron na presentación das actividades que dende Igualdade, Educación e Cultura se van levar a cabo nos vindeiros meses de marzo e abril

O propio venres 8 de marzo celebrarase o acto institucional ás 12.00 horas na Casa Consistorial do Concello de Boiro e que contará coa lectura dun manifesto colectivo e a representación da performance A Serea Mariña – Elas de AMBAR. “É unha representación do noso grupo de artes escénicas, un grupo formado por mulleres que, neste día tan especial, nos vai sorprender cun novo espectáculo e que, ademais, fan que as mulleres con diversidade funcional conten en todos os ámbitos”, recoñeceu Milagros Rey.

Ademais nesta semana vanse publicar en redes sociais uns vídeos sobre mulleres que inspiran de Boiro, unha iniciativa que forma parte do proxecto Referentes de vida, mulleres do noso pobo que se desenvolve con Cruz Vermella e que conta coas participantes dos obradoiros de memoria e do grupo de voluntariado Turbina. “Trátase dunha iniciativa moi interesante que contrapón a visión da igualdade de dous colectivos moi distintos. Por un lado as persoas maiores e, polo outro, a mocidade”, afirmou Natalia Romero.

Polo que se refire ao manifesto institucional deste ano, porá o foco nas mulleres referentes actuais e do pasado como é o caso daquelas que formaron parte do equipo feminino de balonmán nos anos 60 e 70 e Lupe Tubío como referente actual a proposta de Unión de Muchachas. “Todos os anos imos dedicar este dia a dúas mulleres referentes, unha actual e outra do pasado, ás que se lle colocará unha placa identificativa en algún lugar do municipio”, afirmou o concelleiro de Política Social.

Ademais destes actos, o programa de actividades conta cuns obradoiros que se van desenvolver nos meses de marzo e abril no marco do programa Muller e Saúde sobre sexualidade, xestión emocional, boxeo e adestramento activo de solo pelviano. Estes obradoiros serán gratuítos e requiren inscrición previa no Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro.

Ademais destes obradoiros específicos, coas Concellerías de Cultura e Educación realizase para os meses de marzo e abril unha programación cultural que engloba teatro para público infantil e familiar e tamén adulto con cine educativo. “Nestes meses ampliamos a programación que se desenvolve na casa da cultura e aportando iniciativas de teatro e cinema non solo os venres senón tamén os domingos, ofrecendo unha alternativa lúdica para desfrutar en familia á vez que apostamos pola educación en valores gracias ás sinerxías entre os departamentos de Servizos Sociais, Cultura e Educación”, recoñeceu a concelleira de Culura, María Outeiral.

PROGRAMA MULLER E SAÚDE

Mércores 20 de marzo, 16 a 19 horas – Centro Social de Boiro: Sexualidade en mulleres adultas

Venres 22 de marzo, 16 a 19 horas – Centro Social de Boiro: Xestión emocional durante o embarazo

Sábados 6, 13 e 20 de abril, 11 horas – Centro Social de Boiro: Adestramento activo de solo pélvico

PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES CULTURAIS

Venres 8 de marzo, 20.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: teatro infantil e familiar Monstros

Domingo 17 de marzo, 19.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: teatro infantil e familiar Cacho animalada

Venres 22 de marzo, 20.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: teatro infantil e familiar Antón, un neno diferente

Domingo 24 de marzo, 19.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: cine familiar 20.000 especies de abellas

Venres 5 de abril, 21.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: teatro adulto Testosterona

Domingo 7 de abril, 19.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: cine familiar Billy Elliot

Domingo 14 de abril, 19.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: cine familiar Uno para todos

Venres 19 de abril, 21.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: teatro adulto: Apaga o candil

Venres 26 de abril, 21.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: Deadpan karaoke

Outros artigos

O servizo de Gardacostas de Galicia retira do mar 371 nasas ilegais

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular na última semana de controis e inspeccións desenvolvidos por terra e mar na costa galega. Ademais destas artes para crustáceos e cefalópodos, o...

+

A Deputación e a AECC crean unha Rede de Concellos Contra o Cancro

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro, Javier Álvarez Barbeito, asinaron un convenio de colaboración para impulsar a Rede de Concellos Contra o Cancro da provincia da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.