O Concello de Boiro e Mulleres Salgadas impulsan un curso de habilidades dixitais para mulleres do mar

05 Febreiro 2024

O Concello de Boiro financia un curso de formación en competencias dixitais para mulleres do mar que leva a cabo a entidade Mulleres Salgadas. O alcalde, José Ramón Romero; e a concelleira de Medio Ambiente e Mar, Olga González; acompañaron na tarde deste 5 de febreiro e ás persoas asistentes no inicio da actividade formativa.

O curso que comezou este luns desenvólvese no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira e está destinado a mulleres que traballan no sector do mar co obxectivo de facer unha achega ao uso de certificados dixitais e outras habilidades prácticas relacionadas coas novas tecnoloxías.

A formación lévase a cabo en dous grupos dunhas 12 persoas cada un e vaise desenvolver os luns e martes dos meses de febreiro e marzo. “O sector do mar é fundamental para a economía do noso concello e queremos apostar por levar a cabo proxectos que potencien o sector”, afirmou o alcalde boirense, José Ramón Barreiro.

O Concello de Boiro e Mulleres Salgadas asinaron un convenio de colaboración para financiar actividades formativas destinadas ao colectivo de mulleres do mar entre as que se atopa esta formación en habilidades dixitais para mulleres do mar.

Outros artigos

Martes 5, volve o tempo seco a partir do mediodía

O martes será unha xornada de transición na que iremos recuperando progresivamente a influencia anticiclónica. Con esta situación, teremos ceos nubrados con chuvascos máis probables e intensos na franxa atlántica durante a mañá. Co avance do día, as precipitacións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Rey, Sánchez, Mazón y Valencia” – Manuel Domínguez

“El Rey, Sánchez, Mazón y Valencia” – Manuel Domínguez

A la vista de los hechos pudiéramos pensar que poner en la misma comitiva, al rey junto a los presidentes pudiera ser un error. Sabiendo de antemano, que un pueblo que ha perdido más de 200 vidas, sin hogar, abandonado de la mano de dios, no serían recibidos en loor...