Noia volve recuperar a música popular das súas tabernas

06 Febreiro 2024

A Concellería de Cultura de Noia volve pór en marcha a iniciativa Cantos de Taberna, e faino coa colaboración da Asociación Pon un Sancosmeiro. Coma en anos anteriores a finalidade deste proxecto será fomentar e reivindicar a tradición musical popular galega, estreitamente vencellada á hostalería das nosas aldeas, vilas e cidades. Porase o foco en organizar obradoiros e sesións cos que sumar novos adeptos e intérpretes á tradición da música popular noiesa de taberna. Para iso anunciarase en datas vindeiras un programa de actividades participativas nos establecementos, que reivindicarán deste xeito as cancións que acompañaron a historia de Noia nas décadas pasadas.

O obradoiro de formación celebrarase de 20:30 a 21:45 os días 1 e 8 de marzo e o 5 e 19 de abril no local de ensaio. Para anotarse cómpre enviar un correo electrónico a culturaconcellodenoia@gmail.com indicando o nome nome e o teléfono da persoa interesada en participar.

“Cremos que esta iniciativa é unha forma divertida e enriquecedora de preservar e difundir a nosa cultura, e animamos a todos aqueles interesados en participar a que se sumen a este proxecto”, sinalan dende a Área de Cultura de Noia e a Asociación Pon Un Sancosmeiro.

As inscricións están abertas até o 20 de febreiro e as prazas son limitadas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...