18F: Máis de 2,2 millóns de galegos están chamados este domingo a votar nas Eleccións ao Parlamento de Galicia en preto de 4.000 mesas repartidas por arredor de 2.400 locais electorais

17 Febreiro 2024

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe o centro de prensa dende onde mañá se difundirán os resultados das Eleccións ao Parlamento de Galicia, nas que están chamados a votar máis de 2,2 millóns de galegos, nas 3.951 mesas distribuídas polos 2.346 locais electorais. 

Precisamente, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, será quen mañá se encargará de comparecer ante aos medios de comunicación. Está previsto que ao longo do día de mañá se produzan catro comparecencias. A primeira ás 10,30 horas para dar conta da apertura de mesas e posibles incidencias; outras dúas para trasladar os avances de participación, ás 12,30 e ás 17,30; e outra máis unha vez o reconto estea avanzando para informar dos resultados provisionais do escrutinio, a partir das 21,30 horas. 

O censo electoral para estas eleccións ao Parlamento galego ascende a 2.693.633 persoas xa que aos máis de 2,2 millóns de electores censados en Galicia, hai que sumarlle os 476.544 inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA).  

O electorado contará con preto de 41 millóns de papeletas e máis de 4 millóns de sobres de votación. Durante a xornada electoral, tamén foron designados para toda Galicia 2.628 representantes da administración, que contan con dispositivos electrónicos para a transmisión de datos da votación dende os colexios electorais ata o centro de procesamento da información.

Información en tempo real

O director xeral tamén lembrou que está dispoñible para descarga a aplicación móbil das eleccións, así como a páxina web https://resultados2024.xunta.gal, nas que se poderán seguir en tempo real as comparecencias de prensa, así como os datos de participación e o avance en directo do escrutinio a nivel autonómico, provincial, comarcal e por concello, incluíndo comparativas coas eleccións do 2020.

Ademais da app e da web de resultados, cómpre destacar que a Xunta tamén ten operativa a páxina web https://eleccionsgalicia2024.gal/, onde se centraliza toda a información de interese relacionada co proceso electoral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.