Galicia atoparase durante esta xornada baixo os efectos dunha borrasca localizada ao norte da península Ibérica que introducirá aire frío e inestabilidade. Deste xeito agardamos unha xornada con intervalos nubrados e chuvascos, localmente treboentos e ocasionalmente acompañados de sarabia. Serán de neve por riba dos 800 metros. As temperaturas sufrirán un moderado descenso. Os ventos soprarán do norte-noroeste, fortes no litoral e zonas altas, moderados no resto.
O noso mar: Vento do norte, forza 6 a 8 á mañá e á tarde e 6 a 7 á noite. Vaga á mañá e á tarde e media vaga á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 5 a 6 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota