Empeza marzo con chuvascos

29 Febreiro 2024

O venres 1 Galicia queda na influencia dunha profunda borrasca que enviará unha fronte cálida durante a mañá e unha fronte fría ás últimas horas. Así, os ceos estarán cubertos con chuvias que durante a mañá serán de pouca intensidade e que a partir do mediodía serán máis intensas e virán ocasionalmente acompañadas de sarabia e aparato eléctrico. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán moderados de compoñente oeste, con refachos fortes no litoral e zonas altas.

meteogalicia

Activada a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do sudoeste á tarde e do oeste á noite, forza 2 a 3 á mañá, 3 a 5 á tarde e 4 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá, marusía á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá e 2.5 a 3.5 metros á tarde e á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Mércores 13, nubes e claros e baixa da temperatura

As altas presións continuarán estacionarias ao norte da península Ibérica, mentres que unha zona de aire frío desprazarase máis ao sur, ocasionando unha baixa relativa ao norte de África. Deste xeito os ceos terán en Galicia intervalos nubosos, con chuvascos máis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nélida Piñón, eterna”. Alberto Barciela

“Nélida Piñón, eterna”. Alberto Barciela

Nélida Piñón fue, debería decir es, un ser de realidades inusitadas, desacostumbradas al menos. Pervive en su obra inmensa, en sus obras, en sus archivos, y sobre todo en el cariño de sus amigos, en el recuerdo de sus admiradores, en la evocación permanente de los...