18F: Dispoñible a aplicación para seguir en directo o escrutinio das eleccións ao Parlamento de Galicia do 18 de febreiro

16 Febreiro 2024

Xa está dispoñible para descarga a aplicación móbil que permitirá seguir os datos de participación e o avance en directo do escrutinio das eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebran o próximo domingo, 18 de febreiro. Pode instalarse desde os markets de Android e iOS.

Ademais, os mesmos datos estarán tamén dispoñibles na web https://resultados2024.xunta.gal. Tanto desde esta páxina como desde a aplicación poderán seguirse todas as comparecencias do portavoz do Goberno galego o próximo domingo.

Así, tanto na web como na aplicación, poderán consultarse os avances de participación e tamén estarán dispoñibles os datos en tempo real do escrutinio: tanto a nivel autonómico, como detallado para cada concello galego, incluíndo comparativas coas eleccións do 2020.

Ademais da app e da web de resultados, cómpre destacar que a Xunta tamén ten operativa a páxina web  https://eleccionsgalicia2024.gal/, onde se centraliza toda a información de interese relacionada co proceso electoral. Entre outras cousas, nesta web pode consultarse asuntos como o manual para as persoas integrantes das mesas; as candidaturas presentadas nas catro provincias; os resultados electorais de convocatorias anteriores; ou a lexislación de referencia.

O próximo domingo están chamados ás urnas case 2,7 millóns de galegos, entre  os máis de 2,2 millóns de electores censados en Galicia e os máis de 476.000 inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA).

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.