Dispoñíbel na Rede unha guía que recompila as 230 especies de liques do Parque Nacional das Illas Atlánticas

12 Febreiro 2024
Vista do pazo-almacén da illa de Sálvora

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia xa conta coa súa primeira guía divulgativa sobre os liques presentes neste espazo natural, unha publicación froito de anos de investigación e na que se recompilan datos e fichas sobre as 230 especies que alberga.

O traballo, dispoñíbel desde este luns 12 de febreiro en formato dixital e gratuíto no apartado da biblioteca da web do parque nacional, foi realizado polas doutoras en Bioloxía Josefina Álvarez Andrés e María José Sánchez-Biezma, dúas das especialistas en liquenoloxía de maior prestixio e que levan décadas estudando en particular a presenza destes organismos nas Illas Atlánticas. Tamén contou co apoio e colaboración de persoal do parque.

A guía (para cuxa elaboración Estela Edicións recibiu unha das axudas da Xunta para actuacións na área de influencia socioeconómica das Illas Atlánticas) ofrece en palabras da Consellería de Medio Ambiente “unha visión completa e profunda da vida liquénica existente nos catro arquipélagos, desde a franxa litoral ata terra firme”.

A este respecto Medio Ambiente lembra que os liques son un dos organismos máis representativos deste espazo, destacando pola súa gran riqueza e diversidade florística pero tamén pola presenza de especies singulares e cunha distribución restrinxida. Na guía inclúese información de especies tan destacadas como a Bactrospora carneopallida, sinalada en puntos costeiros da Rexión Macarronésica e Sáharo-árabe; a Lecania aipospila, orixinaria das Illas Británicas, Noruega, Suecia e a costa atlántica francesa; e outras especies identificadas neste espazo natural que desafían as fronteiras xeográficas, como a Physcia scopulorum, atopada en Córcega, Sardeña e o arquipélago Tuscano, ou a Porina curnowii, presente nas costas do suroeste de Inglaterra, suroeste de Irlanda e a Bretaña Francesa.

Ademais, 15 das especies localizadas en Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada están na lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) e 2 figuran no Catálogo de Especies Ameazadas, de aí a importancia de fomentar e mellorar o seu coñecemento con este tipo de traballos, tendo en conta que esta flora peculiar e bastante descoñecida é crucial para garantir o equilibrio ecolóxico das Illas Atlánticas.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.