Desconvocarase a folga dos bombeiros: Os consorcios provinciais contraincendios e os representantes sindicais dos bombeiros comarcais chegan a un acordo

01 Febreiro 2024

Desconvocarase a folga e continuarase coa negociación para acadar melloras laborais nos 24 centros de traballo de toda Galicia

Representantes dos consorcios provinciais contraincendios e salvamento e das forzas sindicais dos bombeiros comarcais mantiveron hoxe unha xuntanza no Consello Galego de Relacións Laborais onde se chegou a un principio de acordo para desconvocar a folga dos últimos meses.

O texto, asinado por representantes da Xunta, das catro deputacións provinciais e dos sindicatos, prevé melloras nas condicións laborais referidas tanto ao reforzo de efectivos como aos salarios e horarios, entre outras. Así, continuarase coa negociación para acadar melloras laborais nos centros de traballo dos consorcios provinciais de bombeiros das catro provincias galegas, é dicir, nos 24 parques comarcais da comunidade.No acordo prevese tamén crear unha mesa de negociación para concretar a redacción dun novo convenio colectivo e dunha nova Relación de Postos de Traballo (RPT).

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.