A Pobra acolle o 17 de febreiro un roteiro co gallo do Día dos Medios en Galego

02 Febreiro 2024

Arranca febreiro e con el o mes de Rosalía e dos Medios en Galego. AMEGA, Asociación de Medios en Galego, da que forma parte O Barbanza e Código Cero, inicia o mes cunha serie de actividades que se celebrarán en distintas vilas galegas.

O 7 de febreiro é o aniversario da saída do prelo de O Tío Marcos da Portela, a primeira publicación escrita integramente en galego, e por esta celebración desenvolveranse diversas actividades e roteiros un dos cales terá lugar na Vila de A Pobra.

O roteiro ques erá público e de balde será impartido por antonio González Millán, direector do Museo Valle-Inclán e nel participarán amais Arantxa Fuentes Ríos Profesora da USC e doctora europea en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, Xaquín del Valle-Inclán Alsina – Biógrafo. Investigador. Crítico literario.

O roteiro arrancará ás 11 da mañá na Torre dos Valle Bermúdez e rematará no Pazo do Couto tralas ponencias.

Horario:

A Pobra do Caramiñal: Vila literaria de Galicia

11:00 h. Visita á Torre dos Valle Bermúdez, declarada monumento histórico-artístico de carácter nacional e ó Museo Valle-Inclán decano do país. Intervención de Antonio González Millán – Director da institución.

11:30 h. Ponencia: “Ramón del Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal”
Intervención de Xaquín del Valle-Inclán Alsina – Biógrafo. Investigador. Crítico literario.

12:00 h. Ponencia: “Un intelectual de corte europeista. Victoriano García Martí: labor xornalistica ” . Intervención de Arantxa Fuentes Ríos – Profesora da USC e doctora europea en Teoría de la Literatura y Literatura Comparada.

12:30 h. Roteiro biográfico “Ronsel de xenialidades: Valle-Inclán e García Martí, de Galicia ás letras internacionais”. VV.AA. percorrido comentado por lugares vividos ou recreados nos seus textos.

13:30 h. Visita comentada ao Pazo do Couto, no núcleo histórico do Castelo. Intervención de Antonio González Millán – Especialista en Historia e Arte de Galicia e en Museoloxia.

Á marxe do roteiro desenvolvido na Pobra terán lugar outros nas seguintes vilas:

  • ⁠A Estrada (3 de febreiro)
  • ⁠Vigo (10 de febreiro)
  • ⁠A Pobra (17 de febreiro)
  • ⁠Compostela (17 de febreiro)
  • ⁠A Coruña (24 de febreiro)

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...