A patronal boirense (ABE) colabora co Goberno na posta en marcha da plataforma Comercio Conectado

20 Febreiro 2024
Presentación da plataforma por parte da secretaria de Estado de Comercio, Xiana Méndez

A secretaria de Estado de Comercio, Xiana Méndez, presentou o pasado venres 16 de febreiro a Plataforma Comercio Conectado, unha iniciativa innovadora que crea un espazo pensado para servir de punto de encontro ao comercio polo miúdo cun dobre obxectivo: impulsar a súa dixitalización e fortalecer a súa competitividade empresarial, a través de servizos de información e formación en apoio ás pequenas e medianas empresas (pemes) e ao comercio minorista.

A patronal boirense (ABE) estivo representada, en presencia online, polo seu xerente, Tomás Estévez, que foi un dos convidados a realizar contribucións e propoñer melloras na fase previa ao lanzamento da plataforma que tivo lugar nos meses finais de 2023.

A Subdirección General de Comercio Internacional de Servicios y Comercio Digital convidou a diversas asociacións de todo o país a participar nunha experiencia piloto para que puideran probar a plataforma e construír en conxunto o Catálogo de Asociacións, un catálogo ao que poden xa acudir tódolos comercios retallistas (polo miúdo) interesados en asociarse ou buscar servizos especializados.

A plataforma ofrece formación, comunidades e recursos para impulsar a transformación dixital do comercio polo miúdo, que constitúe preto do 5% do PIB da economía española, con máis de 1,9 millóns de afiliados á Seguridade Social.

Tamén pretende crear unha rede nacional que aglutine a todas as entidades, administracións e particulares vinculados ao comercio polo miúdo. Será, en palabras do Goberno “un espazo de colaboración para o sector comercial español que potencie a súa competitividade e a mellora dos seus procesos”.

Segundo confirmaron fontes da patronal boirense, “a ABE foi a primeira entidade do pais en formalizar a alta na plataforma o pasado 25 de novembro”, ademais de participar no programa piloto previo no que achegou suxestións e novas funcionalidades que xa están integradas na plataforma á que pode accederse dende a propia web da plataforma.

A patronal boirense ca conta na dita web cun espazo de seu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.