A empresa pobrense Mobalco participou no programa de internacionalización e innovación Galicia Avanza

23 Febreiro 2024

A empresa pobrense Mobalco, referente no mobiliario de cociña, é unha das participantes do programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas Galicia Avanza, posto en marcha pola Xunta (GAIN e IGAPE) e a Tecnópole de Ourense e que vén de pór remate á súa segunda edición (na que tiveron parte activa 30 pemes innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade).

Durante os dez meses de duración do programa, traballouse na saída ao exterior das empresas e tamén na consolidación internacional das que xa tiñan experiencia neste eido, abríndolles novos mercados ou accedendo a novos segmentos de clientes. Axudóuselles a mellorar a súa estratexia comercial internacional, avanzouse na protección das súas marcas e deseños industriais ou intelectuais e na detección de posibles colaboracións con outras empresas. 

Das 30 pemes participantes nesta segunda edición, unha está situada na Pobra do Caramiñal. Trátase de Mobalco, pioneira no deseño de mobiliario de cociña seguindo modelos de fabricación sustentábeis e apostando ademais desde os seus inicios polo investimento en I+D. Como firma eco-responsábel, emprega madeiras de proximidade que proveñen exclusivamente de talas controladas en bosques xestionados de maneira respectuosa co medio natural.

Na actualidade a compañía, co apoio do programa Galicia Avanza, está a replicar no exterior os éxitos acadados en España. Nestes intres está presente en Europa (Portugal, Francia, Andorra e Reino Unido), nos Estados Unidos (Philadelfia e Miami), ademais de en Rusia e Hong Kong. Por outro lado, están a ter unha importante demanda de proxectos en Florida, o que lles vai permitir reforzar a súa presenza no mercado americano. Ademais, pretenden expandirse a Italia nunha segunda fase.

Deseños de vangarda elaborados pola empresa da Pobra do Caramiñal

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.