Este luns 19 de febreiro pola mañá celebrouse na sede da patronal boirense (ABE) o sorteo do premio de 100€ correspondente á Campaña de San Valentín que tiña como obxectivo premiar a fidelidade dos clientes dos negocios asociados e reivindicar novamente o comercio de proximidade na celebración do pasado 14 de febreiro.
Nesta ocasión o premio é un bono de 100€ para mercar calquera dos miles de produtos que ofrecen as 202 empresas asociadas a ABE e que recaeu en Angela Outeiral que rexistrou, na web da ABE, www.abe.gal, un tícket de compra de A Terraza do Furancho.
Na campaña, desenvolvida entre o 5 e o 17 de febreiro, rexistráronse 1.031 tíckets de compra.




