A Asociación Boirense de Empresarios acolleu un programa avanzado centrado en mercadotecnia dixital

29 Febreiro 2024

A sede da patronal de Boiro (ABE) acolleu esta semana o remate dun programa formativo especializado en ferramentas de mercadotecnia (marketing) dixital para as pemes dirixido ao persoal das empresas asociadas, unha formación de alto nivel impartida pola escola de negocios IESIDE. O curso, segundo lembra a Asociación Boirense de Empresarios, foi un éxito de participación e de repercusión.

O programa impartiuse durante 6 xordanas de 8 horas na aula de formación multimedia da ABE e tivo como obxectivo “aportar ás empresas os conceptos e ferramentas que lles permita optimizar a súa relación co entorno a través dos medios dixitais, especialmente cos seus clientes actuais e potenciais”.

Nun nivel máis concreto, o programa abondou en contidos de gran relevancia no contexto actual de transformación tecnolóxica, como o entorno legal e a perspectiva ética, a dixitalización das canles de vendas, as métricas e analítica web ou as estratexias en posicionamento e buscadores.

Cada área temática estivo impartida por docentes de prestixio como Gonzalo Garré, director dos programas MBA e Máster SAP de IESIDE, amais de experto en mercadotecnia da axencia galega Hacce Soluciones TIC; Carlos Otero, director de Mercadotecnia en Alotofus; ou Javier Varela, director de Mercadotecnia en Toc Toc Media e director de Toc Toc School, amais de experto do Centro Tecnolóxico Gradiant.

Recordar que esta acción formativa contou con financiamento da Unión Europea a través do Plan Next Generation, do Goberno de España e do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.