O xoves será outra xornada na que seguirán dominando as altas presións, con réxime de ventos de compoñente sur. Así, os ceos permanecerán pouco nubrados en xeral, con intervalos de nubes baixas nas primeiras e derradeiras horas do día na provincia da Coruña. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do sur frouxos en xeral con intervalos moderados no litoral coruñés.

O noso mar: Vento do sur á mañá, variable á tarde e do sudoeste á noite, forza 1 a 3 á mañá, 1 a 2 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá, mar rizado á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá e á noite e 4.5 a 5 metros á tarde.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



