Unha empresa española ofrece as súas máquinas de cribado para facer “unha limpeza eficaz das praias” ante os vertidos de granulados

18 Xaneiro 2024

A empresa española DB, centrada na fabricación de máquinas de peneirado, “ante o problema ecolóxico causado nas nosas costas e motivado pola vertedura de granulados plásticos do buque Toconao”, compartiu unha serie de recursos para poñelos a disposición das administracións e entidades implicadas en minimizar o impacto da contaminación. Para DB, a solución estaría nas máquinas cribadoras, que son, sinala e empresa, “máis eficaces fronte aos peneirados con cribas tradicionais e manuais que se están a desenvolver na actualidade e con outros métodos improvisados”. A empresa ofrece de xeito gratuíto as máquinas para “axudar a limpar residuos nas costas de Galicia, Asturias e Cantabria”.

“As nosas cribadoras”, explican, “son unhas máquinas especializadas e moi eficaces que se utilizan decote para reciclar materiais. Úsanse para limpar e separar diferentes tipos de materiais, como plásticos, terra, compost, áridos, metal, madeira, papel ou vidro”. Estas máquinas móbiles, aclaran dende a empresa, “facilitan a recollida e reciclaxe de ata un 99% de materiais”. Entre as súas múltiples aplicacións, destaca a solución que ofrecen para o problema da vertedura de granulados de plástico nas praias.

A compañía explica tamén que conta con representación nas principais zonas afectadas de Galicia, Asturias e Cantabria, por tanto, “as probas gratuítas poderían realizarse de forma rápida para actuar ante o desastre canto antes”.

Este tipo de máquinas cribadoras son modelos móbiles que poden transportarse e moverse de xeito doado ás praias e calquera outro lugar de traballo. Ao ser máquinas especializadas en cribar, apunta a empresa, “teñen unha maior capacidade e rendemento que os traballos realizados de forma manual por persoas”. Ademais, teñen capacidades de cribado moi superiores aos traballos manuais, xa que procesan desde 1 t/h (tonelada á hora) ata as 40 – 60 – 100 e 150 t/h, sinalan dende a firma española, engadindo que “para realizar un traballo máis eficaz, as maquinas cribadoras deben estar provistas de peneiras ou mallas adecuadas para cribar as bólas finas de plástico; por iso estas máquinas poden traballar con 2 alturas de mallas á vez, isto é, con 1 ou 2 cribas de luz ou granulometrías diferentes para poder limpar e separar os materiais en dúas ou tres separacións de diferentes tamaños”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.