Soledad Agra visitou a Casa de Rosalía

16 Xaneiro 2024

A deputada de igualdade e normalización lingüística, a outense Soledad Agra, visitou este luns 16 de xaneiro a Casa de Rosalía en Padrón, onde foi recibida polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira (Manselle, Dodro, 1961) e onde coñeceu diferentes proxectos se están a desenvolver dende a entidade cultural que leva o nome da ilustre poeta galega. Ademais, comentaron outras posíbeis vías de colaboración entre ambas as dúas institucións, que se sumen ás que xa están en marcha.

“A Casa de Rosalía é a casa de todos os galegos e galegas: un lugar onde viaxar ata as nosas raíces, pero tamén onde recoñecernos na actualidade e onde mirar cara un futuro con identidade propia” apuntou a deputada. “Sempre é unha honra poder coñecer un chisco máis da vida e do traballo de Rosalía”.

Esta visita serviu para abordar a mostra dos 50 anos da Casa de Rosalía e tamén a do ‘Herbario de Rosalía’, entre moitas outras iniciativas, e tamén para “seguir nesta senda de colaboración cunha entidade que fai un labor excepcional de difusión da figura de Rosalía, pero tamén da lingua e da cultura do país”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.