Pontón critica ao PP por repetir, di, o mesmo proceder que no Prestige

08 Xaneiro 2024
Pontón na súa visita a Rianxo deste domingo

A portavoz nacional e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, criticou duramente ao Partido Popular e ao seu candidato e presidente en funcións, Alfonso Rueda, que, segundo dixo Pontón, “ante a marea de pellets que inunda a costa galega e, na vez de ofrecer solucións, estea repetindo a marea de mentiras, manipulación e incompetencia” que xa utilizou na catástrofe do Prestige“.

Na presentación nas Pontes da proposta de goberno do BNG en materia enerxética, Pontón criticou ao Executivo de Rueda que volva utilizar o mesmo modus operandi que durante o caso do Prestige, “primeiro ocultando a marea de plástico e sen actuar nin poñer medios e, agora, intentando manipular a situación a través dos medios públicos”, dixo, engadindo que o Goberno galego “está a demostrar unha vez máis a súa incompetencia para poñerse á fronte e liderar unha resposta ante un problema medioambiental tan grave como o que estamos vivindo”.

A líder nacionalista advertiu á Xunta da “marea de indignación dos galegos e as galegas que se está a xerar ante unha situación que non se limita só ás Rías Baixas, senón que xa chega ás praias da Coruña, Ferrol e da Mariña lucense e fronte á que o Executivo de Rueda non é quen de ofrecer unha resposta transparente, acorde co problema”.

Pontón reprochou tanto á Xunta como ao Goberno estatal que permanezan instalados no seu habitual pim-pam-pum “absolutamente inútil” para os galegos e as galegas. “Dende o BNG reclamámoslles que se poñan a traballar para que haxa os medios e os recursos necesarios para solucionar este problema”, urxiu para subliñar a continuación que “xa está ben de ver como, ante catástrofes destas características, os gobernos non estean á altura”.

Ante a gravidade da situación, a líder nacionalista volveu pedir a comparecencia de Rueda no Parlamento galego para “dar explicacións sobre a crise e a súa xestión e insistiu en reclamar ao presidente en funcións unha resposta á altura da cidadanía deste País”.

Pontón trasladou toda a solidariedade e recoñecemento do BNG aos concellos afectados “que están traballando sós” (por exemplo o de Ribeira e o de Muros, dous dos máis afectados e dous dos máis activos fronte a este problema ambiental) ao sector pesqueiro e aos veciños e veciñas que están indo ás praias galegas a recoller os pellets plásticos “ante a inacción de Xunta e Goberno estatal”, dixo, amosando o seu orgullo pola resposta cidadá ante un vertido que “ameaza de novo a costa galega”.

Pontón avanzou que a formación nacionalista rexistrou este luns a solicitude de comparecencia urxente do presidente en funcións no Parlamento galego para dar explicacións sobre a xestión desta crise.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...