Outes activa un servizo de conciliación para o Entroido

25 Xaneiro 2024

O Concello de Outes organiza o servizo de conciliación Tempo de Entroido, que, como se indica no seu nome, desenvolverase no marco dos días festivos de febreiro, as xornadas do 12 e o 13 de febreiro. O servizo, abeirado ao programa Outes Concilia, está destinado a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos. Como dixemos, desenvolverase os días 12 e 13 de febreiro, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes. Segundo explicou o Concello, “as familias poderán facer uso do servizo en función das súas necesidades, permitindo a entrada e saída flexíbeis”.

O prazo de inscrición é do 25 de xaneiro ao 5 de febreiro.

Máis datos e inscricións na web municipal.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.