Os polígonos de SEA crearon máis de 1.000 postos de traballo nas empresas asentadas neles

08 Xaneiro 2024

A sociedade pública SEA (Solo Empresarial do Atlántico) fixo un novo balance da súa actividade en 2023, ano que pechou con importantes beneficios e favorecendo o investimento empresarial a través do asesoramento tanto en cuestións comerciais como nas de carácter urbanístico ou financeiro

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou os días pasados a sede de Solo Empresarial Atlantico (SEA) en Santiago de Compostela para compartir unha xornada de traballo coa xerente da empresa pública, Beatriz Sestayo, co obxectivo de analizar os datos de implantación de empresas durante o ano recentemente finalizado e estudar as novidades que se prevén para 2024.

SEA, como lembraremos, xestiona dos polígonos de Muros, Rianxo e a ampliación do da Pobra (A Tomada).

Pedro Branco e Beatriz Sestayo informaron de que, en 2023, as empresas asentadas en polígonos de SEA xeraron máis de 1.000 novos postos de traballo. As empresas implantadas este ano nas áreas que promove a sociedade pública empregaron tanto a fórmula da compravenda como a de dereito de superficie.

Ademais, Solo Empresarial Atlántico pechou con beneficios o exercicio económico, un diñeiro que, segundo anunciou Sestayo, reinvestirase en 2024.

O delegado do Goberno en Galicia e a xerente de Solo Empresarial Atlántico coincidiron na importancia das novas fórmulas implantadas pola empresa pública como mecanismos áxiles para favorecer a creación de emprego. Incidiron ademais no papel de acompañamento de SEA ao investimento empresarial, desde o inicio das xestións para a súa instalación ata o momento da inauguración, asesorando a investidores tanto en cuestións comerciais como nas de carácter urbanístico ou financeiro.

A xerente de destacou o valor do público como axente dinamizador da economía, á vez que avanzou novas fórmulas de interlocución con empresas e organismos, así como a aposta de SEA por seguir facilitando ao empresariado tanto a disposición do seu solo para os seus proxectos como o acceso a financiamento europeo.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...