O Sergas dispón dos plans de continxencia ante a chegada do pico da gripe

02 Xaneiro 2024

 conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asistiu hoxe á reunión que diariamente leva a cabo a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas para avaliar a situación dos servizos de urxencias dos centros hospitalarios e de atención primaria da rede sanitaria pública galega, para modular, se é necesario, os plans de continxencia de cada área sanitaria. Na reunión, o titular da carteira sanitaria, agradeceu o traballo dos profesionais nun momento de alta demanda.

O conselleiro lembra que “todo paciente que chega grave a urxencias é triado e atendido de xeito inmediato”. “Gustaríanos atender antes a todos os pacientes pero debemos rexirnos pola triaxe e atender primeiro ao que non pode esperar”. Así, no día de onte, 1 de xaneiro, atendéronse 2.153 urxencias de adultos, algo por debaixo da media do mes de decembro. En canto aos pacientes pediátricos, atendéronse a 635, 54 menos que o mesmo día do ano 2023. A pesar desta leve diminución de atencións, non se descarta que volvan incrementarse nos vindeiros días coincidindo co pico da gripe.

Subliñar que, durante a fin de semana, se produciron altas que permitiron ingresar a pacientes que así o requirían. En todo caso, aínda non chegamos ao pico da gripe, polo que o Sergas ten os plans de continxencia preparados para seguir desenvolvéndoos se é necesario, como xa se fixo a semana pasada.

Na reunión desta mañá repasáronse as medidas postas en marcha en cada área sanitaria, con máis recursos abertos nas propias áreas de urxencias, como en zonas de hospitalización, asi como reforzos con profesionais, nalgúns casos, do propio servizo con quendas adicionais. Ademais, plantexouse a axilización de probas e dos resultados. 

Con todo, a actividade cirúrxica non se suspendeu, aínda que en áreas como a de Vigo, se reprogramaron as intervencións demorables para poder atender todas as prioritarias, como así está sucedendo.

Por último, insistiuse en que é fundamental que o paciente que precise atención acuda, se é posible, ao Punto de Atención Continuada máis próximo ao seu domicilio, máis resolutivo para patoloxías menos graves.

Outros artigos

O servizo de Gardacostas de Galicia retira do mar 371 nasas ilegais

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular na última semana de controis e inspeccións desenvolvidos por terra e mar na costa galega. Ademais destas artes para crustáceos e cefalópodos, o...

+

A Deputación e a AECC crean unha Rede de Concellos Contra o Cancro

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro, Javier Álvarez Barbeito, asinaron un convenio de colaboración para impulsar a Rede de Concellos Contra o Cancro da provincia da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.