O Concello do Son intensifica o seu traballo de limpeza e vixilancia nas praias

15 Xaneiro 2024

Ao longo destas xornadas de mediados de xaneiro o Concello de Porto do Son mobilizou tamén recursos para limpar os areais de residuos plásticos e doutra índole, facendo especial fincapé na vixilancia na chegada de granulados procedentes do buque Toconao. Os traballadores mobilizados polo Concello achegáronse esta fin de semana ás praias Cabeiro, a Arnela, Seiras, Río Sieira, As Furnas, Basoñas e Espiñerido.

Segundo informaron, os areais “estaban limpos” e, engadiron, “practicamente non se aprecian granulados nin residuos nelas”. Con todo, recolleron os refugallos que se aprecian nas imaxes, algúns xa apañados polo voluntariado e dispostos para a súa retirada.

Dende o Concello engadiron que “somos conscientes de como traballa o mar e, polo tanto, estaremos vixiantes do que aconteza nos vindeiros días e semanas; seguiremos protexendo os nosos espazos naturais de toda contaminación para devolver ás nosas praias e ao noso paraíso o estado óptimo que sempre debería ter”. O Concello tamén agradeceu o labor de todas as persoas que botan unha man coidando, limpando e protexendo o patrimonio natural de Porto do Son.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.