O Concello de Ribeira renovará os parques infantís de A Capela, Parte ao Río e Pedra Pateira

03 Xaneiro 2024

O Concello de Ribeira vén de adxudicar a renovación do parque infantil de A Capela e a mellora do parque de Parte ao Río, cun orzamento de 179,566 euros, en Carreira, así como a renovación do parque infantil Pedra Pateira, en Ribeira, cun orzamento de 171.831,47 euros. Estas obras executaranse nun prazo de dous meses.

O parque de A Capela desmontarase por completo e desprazarase a un lateral da pista no que está situado, creando unha superficie de xogo mais ampla na que se instalarán novos elementos de xogo. En toda esta superficie disporase un pavimento de caucho continuo e unha cuberta téxtil, soportada por unha estrutura metálica, que protexerá o parque e permitirá o seu uso con independencia da situación climatolóxica. No parque de Parte ao Río pavimentarase toda a superficie con caucho continuo.

No parque de Pedra Pateira executarase unha liña de pluviais para evitar a acumulación de auga superficial, realizaranse novos camiños accesibles de entrada ao parque e tamén se procederá á instalación de novos xogos baixo unha nova capa de caucho e un novo valado perimetral.

“A mellora dos parques infantís é un aspecto crucial para o desenvolvemento e benestar da veciñanza” explicou o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, engadindo que “a mellora destas instalacións garantirá uns espazos, accesíbeis e propicios para o exercicio físico, contribuíndo así á saúde e benestar xeral dos nenos e nenas”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.