O Concello de Porto do Son anuncia traballos en San Pedro para achegarse ao obxectivo de acadar o saneamento integral no municipio

23 Xaneiro 2024

O Concello de Porto do Son comezou o ano poñendo o foco nas demandas dos veciños. Entre as principais peticións atópase a de acadar o saneamento integral do termo municipal, abranguendo todas as parroquias e todos os núcleos. A listaxe de actuacións destinadas a acadar o saneamento integral inclúe para os vindeiros días un proxecto concreto: a licitación da instalación de tres fosas sépticas na parroquia de San Pedro de Muro. O Concello explicou que se decantou por esta opción por implicar menos gasto para as arcas municipais que as solucións tradicionais para os núcleos menos dispersos.

En datas recentes o rexedor Luis Oujo recoñecía que malia estar pendentes unha serie de actuacións nos núcleos rurais, por exemplo en San Pedro de Muro ou en Queiruga (o proxecto da depuradora, en marcha con Augas de Galicia), está preto de completarse a totalidade do saneamento para o cen por cen do termo municipal.

Nesta liña, o Goberno local tamén anunciou que asumirá a xestión da depuradora do Loreto, actualmente dependente da Xunta, para “abaratar o canon e equiparar as taxas de depuración para toda a veciñanza, con independencia de onde se atope a súa residencia”.

O Concello sonense inclúe na súa axenda (a curto prazo) habilitar a conexión dos núcleos rurais pendentes destes traballos e unha vez completados estes proceder a humanizar e mellorar o firme das estradas e camiños a través dunha liña de crédito específica do Instituto Galego de Vivenda e Solo (Consellería de Medio Ambiente). Con este crédito o Consistorio procederá a optimizar a accesibilidade, as infraestruturas, a seguridade e o impacto visual nos núcleos tradicionais.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...