O IGVS achega recursos ao Concello do Son para construír o novo centro de saúde e recuperar núcleos tradicionais

08 Xaneiro 2024
A estrutura que servirá de base ao novo centro de saúde nunha imaxe de Canal Barbanza

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, avanzou novos detalles sobre o proxecto para crear na vila sonense un novo centro de saúde e sobre os vindeiros proxectos de saneamento, melloras nas estradas e posta a punto das aldeas.

Respecto do centro de saúde, o alcalde Luis Oujo confirmou que a alternativa definitiva é a posta en valor dun edificio en estrutura que no seu día ía ser destinado para vivendas e ao que se pretende agora dar unha nova vida, útil e integrada. Para a súa conversión en ambulatorio, solicitouse un préstamo sen intereses ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (Consellería de Medio Ambiente) de 6 millóns 300.000 euros, préstamo que xa foi confirmado os días pasados pola Xunta. O Concello inclinouse por esta opción pola ampla superficie que achega o solar, e a súa dispoñibilidade para a veciñanza. Tamén, para avanzar nun dos obxectivos do equipo de Goberno: combater o feísmo a nivel local e reaproveitar o xa construído.

Respecto do saneamento, o rexedor informou de que se ben están pendentes actuacións na parroquia de Queiruga (actuacións que están a desenvolver Augas de Galicia e o Concello), o termo municipal ten case a totalidade do seu saneamento completado. No que atinxe ás melloras nos núcleos tradicionais, o Concello formalizou un novo acordo co IGVS para recuperar a accesibilidade, as infraestruturas, a seguridade e o impacto visual nas aldeas, traballos que pasa polo imprescindíbel acondicionamento do firme nas estradas e camiños (pavimentado), que será posíbel grazas (precisamente) á dotación de todos os servizos previos, recoñeceu o alcalde.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.