O Concello de Dodro reforza o persoal de Servizos Sociais

12 Xaneiro 2024

O Concello de Dodro arrincou 2024 reforzando o persoal municipal de Servizos Sociais e traballando na mellora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e o de educadora familiar.

Este mesmo xoves 11 de xaneiro, a xunta de Goberno local de Dodro aprobou a creación dunha bolsa de traballo temporal destinada a cubrir as posíbeis baixas do Servizo de Axuda ao Fogar (SAF).

Por outra banda o Concello informou que se está a traballar para acelerar o proceso de consolidación laboral que se iniciou hai meses con vistas a cubrir a vacante de educadora familiar.
Dende o Consistorio lembran que durante as últimas semanas os Servizos Sociais do Concello víronse afectados pola baixa da funcionaria titular e unha segunda baixa da substituta. Esta segunda baixa foi xa cuberta e esta semana incorporouse unha traballadora máis que reforza esta área tan importante.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.