O Concello de Boiro homenaxeará aos seus deportistas máis destacados do ano nun acto o vindeiro venres 19

11 Xaneiro 2024

O Concello de Boiro vai organizar un acto, o vindeiro venres, para render homenaxe aos deportistas máis destacados do ano 2023 nas distintas modalidades deportivas que se practican no municipio. Para a selección dos galardoados solicitouse información a todos os clubs deportivos e deportistas individuais do municipio, informaron fontes do Consistorio, concretamente a Área de Deportes, impulsora do evento.

Deste xeito, a Gala do Deporte de Boiro vai destinada a “recoñecer publicamente os mellores resultados deportivos acadados polos deportistas do municipio no ano 2023 ou tempada 2022/2023”. Este, sinalou o concelleiro Marcos Fajardo, “é simbólico e de recoñecemento ao esforzo que deportistas e clubs do noso municipio realizan de xeito diario”.

Coo dixemos, co obxectivo de recadar a maior información posíbel solicitouse información a todos os clubs do municipio para poder valorar os méritos en cada modalidade. A título individual ou colectivo valorarase ter acadado podio en campionatos galegos, como mínimo un 6º posto en campionatos de España, ata un 10º posto en campionatos europeos e ata un 20º posto en campionatos do mundo.

A título de club será recoñecido conseguir un ascenso de categoría, resultar gañador na correspondente competición ou ter acadado como mínimo un terceiro posto nun Campionato Galego ou un 6º nun campionato de España da modalidade deportiva que sexa.

A Gala do Deporte 2023 do Concello de Boiro terá lugar o vindeiro venres 19 de xaneiro de 2024 ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Boiro.

Outros artigos

Ribeira organiza unha charla sobre compostaxe doméstica e comunitaria

O Concello de Ribeira organiza a charla Compostaxe doméstica e comunitaria, unha actividade que busca achegar á veciñanza as claves para transformar osresiduos orgánicos en compost e darlles unha segunda vida. A cita será o mércores 21 de outubro, ás 19:30 horas, no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.