O alcalde boirense di que a Consellería do Mar non fai fronte aos problemas do sector do mar-industria da comarca

04 Xaneiro 2024
O alcalde José Ramón Romero visitando a Lonxa de Cabo de Cruz

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, emitiu unhas declaracións con motivo da visita ao concello do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que estivo en Boiro este mércores 3 de xaneiro. Nas súas declaracións o rexedor láiase de que a Xunta “non faga fronte aos problemas do sector mar-industria, un sector estratéxico e fundamental para a nosa comarca e que está a pasar o seu peor momento”. Tamén criticou que o conselleiro non tivera oportunidade nin de avisar ao alcalde nin de reunirse co sector. E engadiu: “Non nos sorprende esta actitude por parte da Xunta de Galicia, pois parece que sempre se esquecen de avisar á Administración local cada vez que realizan unha visita institucional. O que si nos sorprende é que durante a visita non tivesen oportunidade de visitar aquelas entidades do sector primario como confrarías ou entidades mexilloeiras e que están a demandar solucións”.

O rexedor comentou que “a falta de man de obra cualificada e a problemática do relevo xeracional, a escaseza de produción ou o descenso do consumo son os principais problemas aos que hai que facer fronte nos vindeiros anos”. E apuntou: “Fronte a iso vemos como a Xunta de Galicia lle segue a dar as costas aos problemas do sector e se dedica a ‘poñer en valor’ a unha cadea produtiva que está a deixar morrer”.

José Ramón Romero emprazou ao conselleiro a “que atenda as necesidades do sector”. Segundo fixos saber, “a cadea mar-industria é fundamental para a nosa comarca pois supón o 76% da nosa riqueza e todos os pasos da cadea son fundamentais, pero se nos falta a materia prima non temos nada que facer”.

E rematou: “A Xunta de Galicia, a que ten as competencias, é a que debe poñer sobre a mesa solucións para reverter esta situación. Afrontar os problemas actuais polos que está a pasar o sector é a única maneira de poñelo de verdade en valor”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...