Lanzada en Change.org unha campaña para impedir que sigan verténdose granulados no mar dende os cargueiros

15 Xaneiro 2024

O pasado 8 de xaneiro púxose en marcha na plataforma Change.org unha petición colaborativa e cidadá para pór freo á contaminación mariña por granulados (pélets) e a prol dunha normativa de transporte marítimo máis segura, controlada e sustentábel. A petición, que xa ten preto de 7.000 apoios, foi lanzada por NoiaLimpa, Ecoloxistas en Acción, Plademar, Good Karma Projects, Redes de Sal e Festival Mar de Mar. Surfrider España

Na petición explican que de “dende decembro, as praias de Galicia asolagáronse con millóns de pequenas bólas brancas de 5 mm fabricadas en polipropileno ou polietileno, un material altamente tóxico, procedentes do derrame ao mar de varios contedores fronte ás costas de Portugal”. Segundo engaden, os pélets son producidos por unha fábrica polaca chamada Bedeko Europe, como se evidencia en numerosos sacos atopados na costa. Polo seu aspecto poden ser inxeridos pola fauna mariña- que as confunde con ovos ou krill– e filtradas tamén por recoiro, mexillóns e algas. O seu diminuto tamaño dificulta enormemente a súa limpeza, polo que se teme que isto derive nunha “marea branca” de consecuencias tráxicas para o medio ambiente e que afecta directamente as comunidades costeiras que viven da pesca, o marisqueo e o turismo, sen esquecer todos os danos indirectos que xera esta contaminación nun ecosistema que produce a metade do osíxeno do mundo. Galicia non pode permitirse unha nova catástrofe mariña.

Na petición lémbrase que “cada ano pérdense miles de toneladas destas bólas, 160.000 toneladas, segundo fontes da Unión Europa, ao ser transportados nos contedores superiores do barco, que a miúdo caen ao mar polo azoute das ondas”.

Tamén se explica que “debido á súa alta toxicidade, é crucial que sexan considerados un produto perigoso (hazardous) e viaxen nas partes máis seguras do cargueiro”.

Ademais, engádese, ata o de agora, as empresas de cadea de valor do plástico non teñen ningunha normativa para seguir en caso da perda dos granulados e tampouco están obrigadas a facerse cargo dos danos, polo que se fai máis urxente a nova regulación.

Desde NoiaLimpa, Ecoloxistas en Acción. Plademar, Asociación Redes de Sal, Festival Mar de Mares, e Surfrider España (entre outros) esixen os seguintes cambios:

1-recalificar os pélets para que sexan considerados produtos perigosos e moi contaminantes.

2-cambiar a normativa de transportes marítimos para que os pélets viaxen con máis medidas de seguridade e sexan manexados por profesionais especializados.

3- esixir responsabilidades, con multas ás empresas implicadas, produtoras e de transportes, que provoquen este catástrofes.

4-establecer un protocolo de actuación en caso de desastre ambiental a nivel estatal para actuar con celeridade.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.