Integrados (Amicos) lanza “Everyday is a training day”, o seu primeiro proxecto europeo

11 Xaneiro 2024

A Asociación Integrados lidera o proxecto Everyday is a training day, unha iniciativa de cooperación internacional no marco do programa Erasmus+, que ten como finalidade achegar e promover hábitos de vida saudábel inclusivos e accesíbeis entre a poboación. O proxecto, que ten unha duración de quince meses, apoiase na investigación e posterior elaboración dunha guía de recursos e a capacitación de traballadores de atención directa á xuventude. O programa está coordinado pola asociación Integrados, do grupo Amicos, coa colaboración de Scout Society e Krik, e está financiado pola Unión Europea.

Segundo explica a asociación da nosa comarca Amicos, Everyday is a training day nace co propósito de “crear conciencia sobre a necesidade de que o deporte e os espazos nos que se practica sexan accesíbeis para todas as persoas, ao tempo que busca promover a actividade física mediante distintos exercicios e prácticas adaptados”. Para isto, o proxecto divídese en dúas etapas, na que a primeira estará centrada na investigación de boas prácticas no ámbito do deporte e o ocio, e a recollida das mesmas nunha guía de recursos que será difundida a través das redes sociais e entre a cidadanía local.

A segunda parte consistirá nunha serie de obradoiros multiplicadores dirixidos a organizacións, persoal que traballe cun público xuvenil e con persoas con necesidades especiais. A través destes talleres capacitarase a estes profesionais en tácticas inclusivas, xestión de proxectos, promoción e avaliación en materias como actividade física ao aire libre e alimentación saudábel. Amais, ofreceranse distintos recursos para levar a cabo o seu labor de forma accesíbel e inclusiva.

Amicos explica que “todos estes novos coñecementos aplicaranse tamén nun evento piloto que terá lugar en Macedonia do Norte no mes de xuño, ao que seguirán distintas sesións en distintas localizacións ata novembro, cando a localidade de Boiro acollerá o evento final do programa”.

Esta iniciativa nace ao abeiro do proxecto Erasmus+, da cooperación internacional entre entidades de España, Romanía e Macedonia do Norte. Así, o consorcio está formado pola Asociación Integrados, pertencente á entidade española Amicos, en colaboración con Scout Society de Romanía, centrada no fomento do voluntariado e o desenvolvemento da comunidade local entre a xuventude, e o centro xuvenil Krik con sede en Macedonia do Norte, especializado na realización de formación, reunións e obradoiros. O proxecto conta con financiamento da Unión Europea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.