Éxito da XIX Edición da Semana Cultural de Aguiño

28 Xaneiro 2024

A Asociación Francisco Lorenzo Mariño (AFLM) de Aguiño celebrou esta fin de semana a nova edición da Semana Cultural de Aguiño, que chegou á súa decimo novena edición.

O primeiro día o venres 26 o filólogo e mestre Fernando Cabeza Quiles acompañado do fotógrafo local Antonio Parada Mariño, deron unha conferencia sobre toponimia local baixo o título Os topónimos da terra e do mar de Aguiño cunha proxección de imaxes dos lugares e elementos dos que se fale, realizadas por Antonio Parada “Tucho Parada”.

A xornada continuou cunha actuación musical do grupo de canto e pandeireta As 7 linguas da asociación, que interpretaro cantar e xota de Rubión, pasodobre e xota de Mondariz e zaraghallada de muiñeiras, formada por 8-10 integrantes coa profesora Manola Valiño. Na mesa estiveron a presidenta da asociación, Elvira Pisos e Vicente Mariño de Bricio, 1º Tenente Alcalde. Concelleiro delegado de Servizos Sociais e Mercados Municipais.

sábado 27  celebrouse o acto do 20 aniversario do pasamento de Francisco Lorenzo Mariño, que finou o 16 de xaneiro de 2004; primeiro ás 17 h cunha ofrenda floral e lectura de manifesto cunhas gaitas do país no cemiterio de San Vicente de Noal en Porto do Son, onde está soterrado, e despois coa misa aniversario na igrexa parroquial de Aguiño ás 19 h; pechou o día un espectáculo de música e contos tradicionais titulado Tralalareira a cargo de Vero Rilo e Santi Cribeiro (do grupo Berrogüeto) no conservatorio de Aguiño ás 20 h.

domingo 28 os máis cativos tiveron a oportunidade de asistir a un espectáculo infantil e familiar a cargo de Tarabelos baixo o título Debulando lendas galegas, será ás 18 h no Conservatorio de Aguiño.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...