Cristina Pichel e un grupo de mozos voluntarios visitan CONGALSA

24 Xaneiro 2024

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou na mañá deste mércores 24 de xaneiro nunha visita á empresa pobrense CONGALSA dirixida á mocidade que forman parte da cuarta edición do programa Xuventude Mentoring, que superan as 150 persoas.

Durante a visita, a mocidade puido coñecer o proceso de envasado, a sala de catas e o showroom desta empresa da Pobra do Caramiñal, referente innovador e sustentábel do sector da alimentación e os produtos pesqueiros. A directora xeral destacou que mediante esta iniciativa achégase á mocidade un maior coñecemento das empresas que traballan na nosa Comunidade e “favorécese a súa introdución no mercado de traballo”, dixo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.