Comezaron na Tasca (Aguiño) os traballos para mellorar a cuberta dos vestiarios e a iluminación

29 Xaneiro 2024

O Concello de Ribeira informou este luns 29 de xaneiro do inicio das obras de mellora na cuberta dos vestiarios e a iluminación do Campo de Fútbol da Tasca de Aguiño, no cal a Administración local investirá máis de 13,000 euros. Dende a Área de Deportes que dirixe Xabier Vidal indicaron que “no Concello seguimos a traballar por elevar a calidade das instalacións deportivas e promover un ambiente óptimo para o desenvolvemento do deporte no eido local”.

Estes traballos súmanse aos desenvolvidos a comezos do verán encamiñados a substituír o céspede artificial do Campo da Tasca: unha actuación executada pola empresa Ouri Entretenimientos, S.L., que supuxo un investimento de 228.221,73 euros, IVE incluído.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.