Comezan os traballos para renovar o céspede artificial do Campo da Tasca (Aguiño)

20 Xuño 2023

O Concello de Ribeira informou do inicio dos traballos para substituír o céspede artificial do Campo de Fútbol de A Tasca, situado na parroquia de Aguiño: unha actuación que está sendo executada pola empresa Ouri Entretenimientos, S.L., e supón un investimento de 228.221,73 euros, IVE incluído.

Cunhas dimensións de 102×62 metros cadrados, o anterior terreo de xogo acusaba “un notábel desgaste derivado dun uso intensivo e do propio paso de tempo, ademais de abultamentos e depresións nalgunhas zonas, o que aconsellaba a súa renovación”. A tal efecto, desmontouse e retirouse a herba actual, incluído o árido, coa finalidade de situar no seu lugar un novo céspede sintético de última xeración mediante sistema tufting.

Tamén se colocará novo equipamento deportivo, incluíndo porterías de fútbol 11 e fútbol 7, e picas de córner abatíbeis con bandeiriñas.

O prazo de execución é dun mes e medio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.