Ana Miranda critica dende as praias de Muros o trato que a Xunta dá ao sector do mar

20 Xaneiro 2024
Ana Miranda en Muros, no centro, na compaña da alcaldesa de Muros e a vicepresidenta de ADEGA

Tralo debate no pleno da Eurocámara sobre a contaminación na costa galega causada polo vertido de granulados plásticos, celebrado este xoves a petición do BNG, a eurodeputada do Bloque volveu facer un percorrido por diversos areais no que se está levando a cabo a recollida destes microplásticos. “É unha mágoa que as mariscadoras estean limpando as praias en lugar de mariscar”, denunciou Miranda durante un encontro que mantivo cun colectivo de mariscadoras.

Tamén engadiu que “o problema é que temos un Goberno do PP ausente, máis preocupado por manipular a realidade e facer oposición á oposición que en ter a costa limpa e sen vertidos. É un problema ter un goberno negacionista”, manifestou a eurodeputada do Bloque, quen visitou as praias de Muros xunto á alcaldesa desta localidade, María Lago, a eurodeputada irlandesa Grace O’Sullivan e Primitivo Pedrosa, mariñeiro do BNG de Muros, e onde se reuniu coa vicepresidenta de ADEGA, Verónica Torrijos.

Para Ana Miranda “é insultante” que o Partido Popular, no Goberno da Xunta nos últimos 14 anos, “non se preocupe pola situación do sector marisqueiro, o incompleto saneamento das rías ou pola afectación do cambio climático á temperatura das augas –que afecta tremendamente á actividade extractiva- e polo uso de fondos europeos no caso de paralización temporal da actividade”. Lembra que o Executivo autonómico “deixou sen executar, como xa vén sendo habitual, unha gran cantidade dos fondos europeos dos que dispón”.

E engadiu: “En lugar de facer un bo uso destes fondos, déixaos sen executar, impedindo o acceso a colectivos que o precisan, como o sector do marisqueo, mentres que no último mes tratan de gastar os cartos en campañas de marketing e publicidade puramente electoralistas que non teñen ningún sentido”, critica.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.