A Xunta Electoral estima parcialmente a denuncia do PP e insta ao BNG a quitar carteis

22 Xaneiro 2024

A Xunta Electoral de Galicia estimou parcialmente unha denuncia do PPdeG contra o BNG e instou aos nacionalistas para retirar “de forma inmediata” unhas pancartas que incumpren a lexislación. O BNG iniciou a retirada da devandita cartelería polo que non procede incoar un procedemento sancionador.

Os populares denunciaron á formación nacionalista porque “desde hai varios días e unha vez convocadas as eleccións ao Parlamento de Galicia” colocou “pancartas en distintas localizacións de diferentes concellos de Galicia que constitúen propaganda electoral”.

Segundo expón a denuncia, os soportes comerciais conteñen as seguintes manifestacións con frases como “Rueda vai a Madrid a recibir ordes do PP, Pontón a negociar melloras para Galicia”. A “mención expresa” dos candidatos do Partido Popular e do BNG, que concorren a estas eleccións, evidencian que se tratan de carteis publicitarios encamiñados á captación de sufraxios que foron contratados pola formación política denunciada infrinxindo o citado precepto legal.

Con todo, a Xunta Electoral non estima a denuncia referida a outros carteis que fan referencia a negociacións do BNG para conseguir “rebaixas nas peaxes da AP-9” ou de “os trens de proximidade” ao entender que “fan referencia a cuestións negociadas no ámbito estatal para a formación do Goberno no Congreso do Estado”.

Por tanto, entende o órgano de decisión electoral, non interrompe no proceso electoral galego xa que constitúe a “actividade ordinaria” do BNG e e exercendo o seu dereito de liberdade de expresión e de participación política.

O BNG iniciou a retirada da devandita cartelería polo que non procede incoar un procedemento sancionador

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.