A rexeneración da fachada marítima da Ribeiriña chegará ao seu remate nas vindeiras semanas

30 Xaneiro 2024

A supresión de elementos con impacto negativo na paisaxe e contribuír á posta en valor da fachada marítima da Ribeiriña motivaron as obras de rexeneración nos terreos de dominio público marítimo terrestre concesionados no seu día ás fábricas La Onza de Oro e Hadasa; unha intervención iniciada na primavera do pasado ano trala recuperación desta superficie por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e que concluirá nas vindeiras semanas. Así o fixeron saber este 30 de xaneiro representantes do Concello e do Goberno central.

Para lograr reverter ao seu estado natural unha área de aproximadamente 5.500 metros cadrados, procedeuse coa demolición da explanada, escolleras e ramplas. A maiores, integrouse na paisaxe unha senda litoral como transición entre a costa e os núcleos de vivendas próximos.

O alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, e a concelleira das Obras, Patricia Lojo, acompañaron á subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e ao xefe da Demarcación de Costas, Carlos Gil, na supervisión desta actuación financiada con 800.000 euros procedentes dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Rivas explicou que este proxecto súmase á posta en marcha do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Barbanza-Arousa e do Destino Turístico Intelixente para os concellos que integran o ente supramunicipal. Durante a súa visita, a subdelegada do Goberno tamén fixo fincapé na necesidade de “apoiar aos municipios, especialmente os máis pequenos, na mellora dos seus servizos e infraestruturas para frear a perda de poboación e para garantir aos seus habitantes un futuro coas mesmas oportunidades para todos e todas”.

Pola súa banda, o rexedor indicou que esta acción focalizada na rexeneración de espazos ambiental e visualmente degradados redunda tamén positivamente na seguridade ao adecuar a zona. Trátase, engadiu, dunha intervención executada polo Goberno central na Ribeiriña que se suma a outras promovidas nos últimos anos polo Concello como, por exemplo, o acondicionamento da contorna do centro sociocultural, por un importe de 47.314 euros, ou a segunda fase da reforma integral do Camiño Real, por 81.910’76 euros, quedando aínda pendentes a primeira e terceira parte debido á complexidade das tramitacións. No que respecta á nave de Hadasa, Vidal remarcou que a Administración local opta polo derribo da estrutura, polo que se continúa traballando neste eido.

No seu desprazamento á localidade, a subdelegada tivo ocasión de asinar no libro de honra do Concello e recibiu unha dorna de cerámica como agasallo institucional.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.