A Policía Local ribeirense realizou 245 controis durante as festas do Nadal

25 Xaneiro 2024

O goberno local incrementou o despregamento de policías operativos durante o nadal e realizou controis de droga e alcoholemia para previr o consumo excesivo e garantir un ambiente seguro para a veciñanza así como para os visitantes.
Dende o 10 de decembro ata o 12 de xaneiro, a Policía Local realizou un total de 245 controis a vehículos. Doutra banda, tramitáronse 26 denuncias, das cales 2 foron por delito contra a seguridade viaria, e 24 administrativas; por superar as tasas de alcol e pola presenza e/ou posesión de drogas.
“Ademais de previr o consumo irresponsable de alcol, o reforzo policial ten como obxectivo disuadir calquera comportamento delituoso e mellorar a resposta ante situacións de emerxencia.” explicou o alcalde Luís Pérez.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.