
Medio cento de persoas asistiron á inauguración da Exposición de varios artistas con 25 gravados orixinais inspirados na obra Follas novas, de Rosalía de Castro e dous contos de Álvaro Paradela, escritor enmarcado na xeración do 36. A mostra estará aberta ata o 24 de febreiro no Lustres Rivas de Ribeira.
Abríu o acto, Unai González xestor cultural do concello quen deu a benvidá ás intervencións e pechou Antía Alberte, concelleira de Cultura; interviron de artistas que expoñían, recitando un poema de follas novas de Rosalía de Castro, Esther Benzalá, Veiras Manteiga, Delio, Paco Casal, Abalo e Maralla.
A Concellería de Cultura de Ribeira na súa aposta por crear sinerxias, promover a creación, difundir aos artistas da contorna e, ao tempo, colaborar na promoción e impulso do Museo do Gravado de Artes recupera para esta exposición un conxunto de obras que foron realizadas no ano 2021 polo alumnado dun dos obradoiros de gravado impartido polos profesores José Fuentes e Antonio Navarro coa técnica do gravado á pluma ” coas innovacións e correccións realizadas por Fuentes que evitan sombras e imperfeccións na plancha dando como resultado unha obra máis precisa e exacta ao debuxo trazado orixinalmente sobre o metal”..
A exposición consta de 25 gravados orixinais inspirados na obra Follas novas, de Rosalía de Castro e Dous contos de Álvaro Paradela, escritor enmarcado na xeración do 36. Recolle pois as creacións froito do esforzo e talento dos artistas Ma Carmen Alonso, Manuel Ayaso, Ester Benzalá, Beatriz Castela, Sonia Cabello, Isabel Carralero, Paco Casal, Vyana DL, Yolanda Herranz, Jorge Gil, Lois López Rico, Delio Rivadulla, Merino, M. José Nieto Clemente, Antonio Navarro, Maralla, Raquel Monje, Manuel Pérez Abalo, Antonio Pérez, Pitusa, Tonia Raquejo, Pastor Rodríguez, Olga Tenorio Gallego, Andrés Touceda e Veiras Manteiga.
Estas obras ilustraron tamén unha publicación máis completa que contaba con reproducións dunha escolma de textos de Follas novas e a reprodución facsimilar da obra Dous contos, conformando así unha homenaxe perfecta a ambos escritores. Unha recoñecemento e admiración a ditos autores que nesta ocasión achegará ao público no Centro Cultural Lustres Rivas ata finais de febreiro, coincidindo coas datas do aniversario do nacemento da nosa máis ilustre poeta, Rosalía de Castro.
O gravado á pluma é unha técnica de gravado en metal onde a imaxe se crea trazando directamente sobre prancha. Posteriormente a imaxe segue un proceso a través do cal o debuxo, realizado con plumas, convértese en matriz gravada que é entintada ao modo tradicional e estampada cunha prensa tórculo que transfire a tinta ao papel, creando deste xeito a imaxe final. Esta técnica ten a súa orixe na idea de converter os debuxos tradicionais realizados con pluma en imaxes multiplicables ou repetibles. A pluma, como medio para realizar debuxos, historicamente os artistas dende que aparece a técnica do gravado.
Asistiron os concelleiros Cruz Rivadulla, Francisco Suárez-Puerta, Juan Furones e Antía Alberte do goberno e Mariola Sampedro e Victor Casais do Partido Popular. Houbo intervencións musicais a cargo dos alumnos do conservatorio de Ribeira, Miguel González Maceiras e Helena Villar Pombal.




