A Casa da Cadea incorpórase ao catálogo de patrimonio público da Pobra

30 Xaneiro 2024
José Carlos Vidal e Patricia Lojo diante da fachada da histórica construción

O 2024 comezou na Pobra do Caramiñal con novidades en materia patrimonial e de recuperación do patrimonio, por exemplo coa adquisición da Casa da Cadea por parte da Administración local por 148.000 euros. Con esta adquisición culmina un proceso que xa se iniciara no anterior mandato, cuxo equipo de Goberno aprobara a partida para a compra do inmóbel.

O alcalde e titular da Concellaría do Patrimonio, José Carlos Vidal, incidiu na relevancia que ten a incorporación deste edificio ao catálogo de patrimonio público e reafirmou “o compromiso do Concello na preservación, recuperación e difusión da riqueza patrimonial da que goza a localidade”, razón pola que no actual mandato apostouse pola creación desta Área. “Hoxe, por fin, podemos anunciar que a Casa da Cadea xa é propiedade de todo o pobo, de todos os veciños da Pobra do Caramiñal”, manifesta.

Trátase dunha construción civil de finais do século XVIII que, como o seu propio nome indica, empregouse como cárcere, pero, con anterioridade, foi consistorio. Actualmente conserva a fachada e conta cunha parcela de 220 metros cadrados.

En canto aos novos usos proxectados, barállanse aqueles de índole cultural que permitan conxugar a funcionalidade deste espazo e a preservación dunha parte da identidade do pobo.

Con relación a isto, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, explica que se estudarán distintas liñas de financiamento a través das diferentes Administracións públicas para a súa rehabilitación e consecuente posta en valor. “Penso que é un paso histórico”, apunta a edil.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.