A ABE participa nunha reunión técnica coa conselleira de Economía e o director xeral de Comercio

25 Xaneiro 2024

No día deste mércores 24 de xaneiro celebrouse no salón 2 dos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela unha reunión de traballo convocada pola Dirección Xeral de Comercio na que participou a patronal boirense (a ABE) representada polo seu xerente, Tomás Estévez.

O xerente da ABE, Tomás Estévez, entrevistado pola TVG

A reunión, unha sesión de traballo de carácter técnico, foi coordinada polo director xeral de Comercio, Manuel Heredia, e a ela tamén asistiu á conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana que acompañou aos 51 xerentes dos centros comerciais abertos que actualmente están activos en Galicia.

No seu transcurso coñecéronse as liñas de axuda para o sector que se van a publicar durante este ano 2024 vinculadas ao plan estratéxico para o sector da Xunta de Galicia e confirmouse que ademais de manterse as publicadas no pasado ano introdúcense novos investimentos subvencionábeis coma os de reformas dos establecementos comerciais.

No referente ás axudas para as entidades, a reunión serviu para matizar diferentes aspectos e posíbeis melloras de cara a orde deste ano que, como comenta o xerente da ABE, Tomás Estévez, “inciden en 3 aspectos principais; a dixitalización, a promoción comercial e a fidelización de clientes, aspecto este último no que a ABE está na vangarda do país cun sistema propio que conta actualmente con 2.696 usuarios activos e 34.428 compras rexistradas”.

A xuntanza tamén serviu para poñer en valor as cifras actuais do sector do pequeno comercio en Galicia que como apuntou o xerente da ABE “actualmente e segundo os datos do INE en Galicia contamos con preto de 40.000 comercios o que supón o 22% de todas as empresas da comunidade”.

Esta reunión de traballo tamén foi unha oportunidade para mellorar a coordinación entre a administración e as asociacións que son as encargadas finais de informar e asesorar aos negocios sobres as axudas vixentes. No caso da ABE aínda “imos máis aló”, comentou o xerente, engadindo que “somos unha das poucas asociacións do país que realiza a xestión integral dos expedientes de axudas dende a información inicial ata a solicitude e xustificación e este coñecemento dos procedementos é o que a xunta valora neste tipo de xuntanzas para introducir melloras nas ordes como a de subvencionar reformas nos comercios”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.