Unhas 140 persoas desfrutan do Xantar de Nadal do Club de Xubilados de Lousame

11 Decembro 2023

Preto de 140 persoas desfrutaron este domingo 10 de decembro do tradicional Xantar de Nadal que organiza o Club de Xubilados de Lousame no restaurante O Trapeiro (Tállara-Lousame).

Un evento que estivo presidido por Francisco Abelino García, presidente do Club de Xubilados de Lousame, quen estivo acompañado polo tenente de alcaldesa, Esteban Ares García; pola concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, e polo concelleiro de Seguridade Viaria e Protección Civil, José Antonio Ces Barrreiro.

A festa comezou ás 14:00 horas no restaurante O Trapeiro. Despois de xantar, as persoas asistentes puideron desfrutar dun amenizado polo dúo Aires de Broña, que precedeu ao sorteo dunhas cestas de Nadal.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.