Unha muller tivo que ser excarcerada tras saírse da vía o vehículo que conducía en Boiro

09 Decembro 2023

Unha muller resultou ferida esta tarde en Boiro ao saírse da vía o coche no que viaxaba. Segundo puido saber o 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Boiro ao quedar atrapada no interior do turismo, para ser atendida posteriormente polos servizos sanitarios.

O accidente ocorreu na parroquia de Cures, no concello de Boiro (A Coruña). Foi a propia implicada no sinistro a que contactou co 112 Galicia ás 15:30 horas da tarde. No seu relato, indicaba que precisaba asistencia sanitaria e que tiña dificultades para abandonar o vehículo.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, á Garda Civil e aos membros de Protección Civil de Boiro.

Rematadas as labores de excarceración por parte dos servizos de emerxencia, a ferida foi trasladada ao centro hospitalario de referencia.

Foto: Dotación de garda do SPEIS-03 con Base en Boiro actuando en unha saía de vía con víctima atrapada no vehículo, na estrada que vai o lugar de Cadarnoxo, no Concello de Boiro. Unha intervención moi técnica e laboriosa, máis si a dotación é de 3 bombeiros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...